Abstract:
Neste traballo tratamos de ilustra-la evolucion da productividade na economia galega nos ultimos anos en relacion o comportamento seguido no resto de CC.AA., como un indicador principal da sua converxencia-diverxencia no marco de referencia; pois non cabe dubida que as ganancias na eficiencia productiva son unha das vias esenciais para acadar maiores niveis de benestar. Dadas as limitacions importantes que ofrecen os indices de productividade parcial, nesta comunicacion presentamos indices de productividade total (como unha medida mais completa), sen impor ningun tipo de restriccion a priori para o seu calculo (esto ultimo e o que se fai habitualmente). Se e importante definir a traxectoria relativa da productividade, non e menos relevante analiza-los determinantes fundamentais da sua evolucion (fenomeno que pretendemos explicar mediante a elaboracion do correspondente modelo econometrico) o cal nos permite identifica-las fontes esenciais da converxencia-diverxencia da economia galega.