EconPapers    
Economics at your fingertips  
 

Multifuncionalidade do monte e política enerxética: unha oportunidade perdida para o fortalecemento do mundo rural

Xavier Simón Fernández () and Damián Copena Rodríguez

No 1001, Working Papers from Universidade de Vigo, Departamento de Economía Aplicada

Abstract: Alcanzar modelos enerxéticos que promocionen as enerxías limpas tense convertido nun obxectivo desexado por todos os gobernos de cara a reducir tanto o impacto ambiental da produción da enerxía como a dependencia enerxética. No caso de Galiza esta aposta centrouse fundamentalmente na enerxía eólica acadando un nivel de implantación que permitiu situar a Galiza no sexto posto a nivel mundial en termos de produción de enerxía. Outro dos obxectivos perseguidos hoxendía é propiciar estratexias de produción no mundo rural que aproveiten os recursos locais e fixen poboación no campo. Polo tanto, as políticas públicas van encamiñadas a impulsar sociedades nas que se consumen menos combustíbeis fósiles, aló menos por unidade de produto, e nas que o mundo rural recupera actividade socioeconómica. Aínda que a aposta pola eólica obedeceu fundamentalmente a criterios de mellora da sostenibilidade medioambiental, a súa implantación podería levar aparellados outros beneficios relacionados ca actividade económica que se xera ao seu arredor. En particular, podería constituír unha ferramenta que permitira fortalecer o mundo rural no que se asenta e desenvolve esta actividade. Neste traballo preténdese analizar si o proceso de expansión da enerxía eólica en Galiza contribuíu directamente a fortalecer ó mundo rural. As claves para entender o resultado obtido hai que buscalas nas características do modelo normativo galego de fomento da enerxía eólica (entre 1996 e 2008) e no proceso de adquisición dos dereitos e obrigas por parte dos propietarios e promotores. A conclusión á que se chega é que o marco regulador deseñado pola Comunidade Autónoma relegou a un papel secundario ás comunidades rurais perdéndose unha boa oportunidade para fortalecer económica e socialmente a un segmento importante da nosa sociedade. A dinamización do mundo rural galego e a posta en valor dos seus recursos segue a ser un obxectivo político de primeira orde que vai demandar a transferencia de moitos recursos económicos desde os orzamentos públicos. O traballo se estrutura nas seguintes seccións. En primeiro lugar, cuantificarase o éxito da política de fomento da enerxía eólica e a situación do mundo rural a través de diversos indicadores. En segundo lugar, describirase o marco regulador da enerxía eólica en Galiza. A continuación preséntanse as principais fórmulas de vinculación para transferencia de renda entre os promotores e os propietarios das terras. En cuarto lugar, estimaranse os fluxos de ingresos e rendas que se produciron no mundo rural a través do negocio eólico. Finalízase o traballo coas conclusións.

Pages: 20 pages
Date: 2010-01
References: Add references at CitEc
Citations:

Downloads: (external link)
https://webx06.webs8.uvigo.es/wp-content/uploads/2023/11/wp1001.pdf (application/pdf)

Related works:
This item may be available elsewhere in EconPapers: Search for items with the same title.

Export reference: BibTeX RIS (EndNote, ProCite, RefMan) HTML/Text

Persistent link: https://EconPapers.repec.org/RePEc:vig:wpaper:1001

Access Statistics for this paper

More papers in Working Papers from Universidade de Vigo, Departamento de Economía Aplicada Contact information at EDIRC.
Bibliographic data for series maintained by Departamento de Economía Aplicada ().

 
Page updated 2025-03-31
Handle: RePEc:vig:wpaper:1001