EconPapers    
Economics at your fingertips  
 

A APTITUDE DO SOLO NA AVALIACIÓN DE TERRAS PARA A PLANIFICACIÓN TERRITORIAL

Jose Marcial Diaz Manso, Ines Sante Riveira and Encarnacion Nieto Zas

Revista Galega de Economía, 2018, vol. 27, issue 2, 155-174

Abstract: : O Plan Territorial Integrado da bacía hidrográfica do río Eume (PTI do Eume) contempla entre os seus obxectivos protexer o medioambiente e favorecer a actividade económica con criterios de sustentabilidade promovendo un equilibrio territorial entre as súas compoñentes agrícola, gandeira, forestal, natural, hidrolóxica e paisaxística. Ademais ten como vocación a de servir de base documental e cartográfica para os Plans xerais de ordenación municipal (PXOM). Para apoiar este cometido, e como soporte na toma de decisións neste PTI, faise preciso un achegamento cartográfico a aptitude do solo desde o punto de vista agroforestal. Trátase polo tanto de caracterizar o solo en función da súa vocación ou capacidade de acollida dos diferentes usos e actividades co fin de avaliala desde unha perspectiva funcional focalizada na eficiencia na utilización da terra e na sustentabilidade territorial. Nesta aproximación metodolóxica en primeiro lugar analizouse a dispoñibilidade e calidade da información cartográfica necesaria para caracterizar os distintos factores que afectan á aptitude ou capacidade produtiva do solo (pendente, altitude, profundidade, ...) para as actividades agroforestais implantadas na bacía. Como resultado desta análise determinándose que con 12 factores sería posible acometer a tipificación da aptitude do solo para as actividades ou usos da terra que actividades ou usos da terra que se sintetizáronse en 7 categorías ou clases: cultivos de horta, cultivos forraxeiros, pastos permanentes, tres zonas forestais produtivas cuxas especies índice son : pinus radiata e eucalyptus globulus, pinus pinaster e eucalyptus nitens e pinus sylvestris e pseudotsuga, e una sétima zona forestal de función protectora con cobertura de bosque autóctono e mato. A continuación definiuse un modelo de avaliación baseado no desenvolto pola Food and Agriculture Organization (FAO) no ano 1976, A Framework for Land Evaluation, para asignar a cada unidade territorial unha destas 7 categorías ou clases de terra obtidas a partir da tipificación dos 12 factores máis relevantes que condicionan a aptitude do solo na bacía do río Eume. Esta tipificación cartográfica da aptitude agroforestal ademais de empregarse como indicador da eficiencia na utilización do solo, (comparándoa cas dinámicas das coberturas do solo reflectidas en series cartográficas como o Sistema de información de ocupación del suelo de España (SIOSE)), empregouse para elaborar un modelo territorial composto por tres áreas de ordenación integral que segmentarán o territorio da bacía co obxectivo de facer unha ordenación e regulación “ad doc” dos usos e actividades máis acordes a aptitude do solo co fin de optimizar a eficiencia do uso desde unha perspectiva territorial e sostible.

Date: 2018
References: Add references at CitEc
Citations:

Downloads: (external link)
https://revistas.usc.gal/index.php/rge/article/view/5665
no

Related works:
This item may be available elsewhere in EconPapers: Search for items with the same title.

Export reference: BibTeX RIS (EndNote, ProCite, RefMan) HTML/Text

Persistent link: https://EconPapers.repec.org/RePEc:sdo:regaec:v:27:y:2018:i:2_12

Access Statistics for this article

More articles in Revista Galega de Economía from University of Santiago de Compostela. Faculty of Economics and Business. Contact information at EDIRC.
Bibliographic data for series maintained by Marisa Chas-Amil ().

 
Page updated 2025-03-20
Handle: RePEc:sdo:regaec:v:27:y:2018:i:2_12